Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Boqueixón organiza un Obradoiro de iniciación ao coidado dos bonsáis


 

A sesión desenvolverase o vindeiro 30 de marzo na Casa da Cultura de Camporrapado

O Concello de Boqueixón, a través do Departamento de Cultura, organiza un Obradoiro de iniciación ao coidado dos bonsáis. Trátase dunha iniciativa que pretende ofrecer unhas nocións básicas sobre como traballar con estas árbores miniaturas e sacarlle o maior partido. O experto nesta arte, Fernando Lueiro, será o encargado de coordinar esta sesión.

A actividade desenvolverase o vindeiro 30 de marzo entre as 17.00 e as 19.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. O custo é de 23 euros (incluíndo bonsái) e de 3 €, sen el.

As persoas interesadas en inscribirse ou en obter máis información deberanse poñer en contacto co Departamento de Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no enderezo electrónico cultura@boqueixon.com.